Tuesday 07 de May de 2024

Miño avanza no seu plan de mellora da paisaxe urbana con tres novos murais


• A actuación, próxima á súa finalización, supón a creación de tres murais no centro urbano para mellorar a estética destes puntos.

O Concello dá continuidade ao seu plan municipal de mellora da paisaxe urbana a través do pintado de 3 murais no centro urbano de Miño.

A intervención, que na actualidade atópase na súa fase final, está encamiñada a combater o ‘feísmo’ mellorando a estética do municipio a través de grafitis, usando deste xeito a arte urbana como canle de expresión cultural ao mesmo tempo que se potencian diferentes puntos do termo municipal.
En total a actuación supuxo a elaboración de tres murais, dous deles na Rúa Real, ao seu paso polo Camiño Inglés, e o restante en dúas fachadas adxacentes ás rúas Estrada dá Praia e Pardiñeira.

O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, explica que a través deste proxecto “buscamos mellorar a estética de Miño apostando polo muralismo non só a modo de manifesto cultural, senón tamén como un recurso co que transformar diversos puntos do municipio en espazos máis atrativos”.